O domingo 29 de xaneiro celebrarase no circuito do Monte do Gozo o I
Cross de Compostela que será a súa vez Campionato Galego de Campo a Través Junior, Promesa e Absoluto individual e por equipos.
Neste Cross onde haberá probas para todas as categorías (escolares e adultos) daranse cita os mellores fondistas galegos da especialidade dos que sairán os seleccionados para representar a Galicia
no Campionato de España por Autonomías a celebrar en Gijón (Asturias) o domingo 4 de marzo.
As probas comenzarán as 09:45 coas categorías cadete e xuvenil e continuarán cos infantiles para culminar as probas escolares coa benxamín-alevín conxunta (10:45). AS probas do Campionato Galego
darán comenzo as 11:10 coa junior femenina; a continuación, ás 11:40 disputarase a junior masculina, para pasar finalmente as probas absolutas femenina (12:15) e masculina (13 horas).
O Concello de Santiago de Compostela será o patrocinador da proba, o cal a través do seu Departamento de Deportes tratará de retomar a celebración deste Cross que tanto éxito tivo en anteriores
edicións.
“LEMBRAMOS QUE A PROBA ABSOLUTA FEMENINA DISPUTARASE ÁS 12.15 HORAS e A PROBA ABSOLUTA MASCULINA ÁS 13 HORAS” Regulamento I Cross de Compostela– Planos circuito e servicios – Circular Campeonato Galego INSCRITOS