Resultados

Celebrados cun gran éxito e participación os primeiros campionatos de campo a través

A tempada de campionatos galegos de campo a través iniciouse onte no Circuito de Monterrei en Ourense. O Cto. Galego de cross corto, o Memorial Alejandro Lorenzo e o Cto. Galego cadete-xuvenil de cross congregaron a perto de 1000 atletas practicantes desta modalidade.

Maila que a choiva e o frío fixo acto de presencia, especialmente nas primeiras carreiras, os distintos campionatos gozaron dun bo ambiente e unha gran expectación. A primeira carreira benxamín foi gobernada por Belén García e Jonás Redondo, ambolos dous do Club ADAS. Por equipos, victoria para o Franciscanos (mulleres) e Atletismo Vila de Cangas (homes). Na carreira alevín masculina impúxose Leonardo Giovani (Sociedade Atlética Val Miñor) e Lucía López do Franciscanos de Lugo. Na clasificación por equipos doblete da Agrupación Deportiva Barbanza que subiu ao máis alto do podium en ambos sexos. No trocante á carreira infantil, victoria para Iria Rodriguez (At. Porriño) e Lorenzo Fernández (Sociedade Atlética Val Miñor), sendo o primer posto por clubes para a Agrupación Deportiva Barbanza (mulleres) e Sociedade Atlética Val Miñor (homes).

A media mañá disputábase o Cto. Galego cadete e xuvenil, sendo esta competición válida para formar parte da selección galega que participará nos vindeiros campionatos de España de campo a través a disputar na Coruña. En categoría cadete o ouro foi a parar para Uxía Pérez do Club Atletismo Tui, quen fixo unha gran demostración do bo estado de forma. Na clasificación masculina ouro para Miguel González do Franciscanos de Lugo. Na categoría xuvenil, o título de Campiona Galega foi para Carmela Cardama do Comesaña Sporting Club, que se distanciou da subcampiona galega notablemente. Na clasificación masculina medalla de ouro para José González do ADAS. Por equipos, a clasificación foi a seguinte, en mulleres, 1ª San Fernando Lucus (cadetes) e 1ª Sociedade Atlética Val Miñor (xuveniles). Mentres que en homes, 1º Franciscanos de Lugo (cadete) e Agrupación Atlética do Sil (xuveniles).

Por último, e para a rematar a o campionato, os mellores atletas absolutos de campo a través, daríanse cita nunha carreira moi rápida na que había que acadar a mellor puntuación para os distintos equipos. Victoria para o Comesaña Sporting Club (mulleres), equipo que logrou acadar unha fantástica puntuación moi distanciado do segundo clasificado, e no trocante a clasificación masculina o galardón foi para a Agrupación Deportiva do Sil, seguida a tan só 2 puntos da Sociedade Gimnástica de Pontevedra. A victoria individual neste campionato foi para Sandra Mosquera Losada (CSC) e Khalid Merroune (ADAS). (Resultados)

Compartir: