O Estadio de Atletismo de Balaídos acolleu o sábado a 2ª xornada do Torneo de
inverno en pista, con importante participación, aínda que non tan numerosa como a semana anterior. Nunha mañá moi fría e húmida, as marcas víronse condicionadas pola temperatura e non se
conseguiron grandes rexistros, en xeral.
Cabe destacar como excepción o rexistro de Carlos Porto, que correu os 1500 m en 3.57.09, mínima para o nacional júnior. O céltico contou coa valiosa axuda do seu compañeiro Ismael Costas, que
exerceu de lebre durante 1100 m. Ambos os dous adestran baixo a dirección técnica de Virgilio G. Barbeito.
O atleta olímpico David Gómez participou en 60 m valos, 8.78; peso, 13.20 e altura, 1.77 m, á espera da súa probable convocatoria para participar coa selección española de probas combinadas no
torneo de cinco nacións a disputar en Praga a finais de xaneiro.
Entre as mulleres, destacar os 47.96 m de Sara Arosa (Celta) en lanzamento de
martelo, un bo rexistro para o comezo de tempada. Noelia Ferradanes asegurouse a particpación no Campionato promesa cun lanzamento de 43.86 m En 400 m lisos, duelo entre Lidia Casal, 59.97 e
Esperanza Caldas, 1.00.36, ambas as dúas do RIA de Ferrol.
Patricia Carballo (COCO) foi a máis rápida en 60 m, cun tempo de 8.08 segundos, marca mínima para o campionato de España xuvenil, ao igual que a de Pablo Castro (Vina Cangas) en peso, 15. 52m. En
400 m destacou outro xuvenil, Juan José del Río, do ADÍES, 52.21. O júnior David Barreira do ADÍES impúxose en salto de altura con 1.86 m.
Dos cadetes, resaltar a actuación de Darío Costas (Morrazo) cun salto de 1.71 m en altura, mínima cadete para o nacional de Oviedo, que ademais fixo un tempo de 7.66 en 60 m. Tamén do At. Morrazo,
Laura Chapela, con 8.31 en 60 m roza a marca esixida, ao igual que Víctor Pérez (AVA) que lanzou o martelo de 4 kg a 40.87 m, marca coa que encabeza o ranking de España. Resultados
Flor Currás