Resultados

Arranca a tempada en pista con boa participaci�n.

Preto de trescentos atletas tomaron parte na 1ª Xornada de atletismo en pista disputada o domingo nas instalacións de Balaídos, nunha mañá fría e soleada. A organización viuse desbordada pola numerosa participación, o que xerou importantes atrasos en case todas as probas.
Nesta primeira toma de contacto coa pista, os resultados foron moi dispares, e en xeral con moito marxe de mellora, como corresponde ao inicio de tempada. Non obstante, varios foron os atletas que lograron xa as marcas mínimas para os respectivos campionatos nacionais, sendo a proba de 3000 m a que máis rendibilizaron, sendo Alvaro Prieto o que fixo un mellor rexistro, 8.54.0.
A nivel absoluto destacar a Isaac Vicente (Marathon) que lanzando o martelo a 66.85 m, mellora a marca obtida o pasado mes en Portugal, e segue encabezando o ranking de España. Xa en categoría promesa, varios atletas conseguiron o pase para o nacional a disputar en Antequera en febreiro: Pablo Denís (Marathon), lanzou 58.63 m en martelo, Rodrigo Avellaneda (Cimáns) correu os 200 m en 22.42 e Sergio Tellería (RCCelta) superou os 4.15 m coa pértega. Sandra Mosquera (Comesaña), cun tempo de 10.07.37 impúxose en 3000 m e Iria Castro (OAAP), fixo 2.17.74 en 800 m.
Entre os júniors, mínimas dos céltico Carlos Porto, 1.57.30 en 800 m, e Gonzalo Basconcelo, 8.55.8 en 3000 m., a 8 decimas da minima Patricia Carballo (C. Comarca), cun tempo de 26.06 en 200 m; Marta Lolo 11,21 (C. Comarca) en triplo e Carmela Cardama (Comesaña SC) en 3000 m, 10.45.05 asegúranse a presenza no nacional xuvenil de Valencia en marzo. Moi boa actuación tamén, ás portas de ambas as dúas mínimas, de Miguel Otero (OAAP), tanto en 3000 m coma en 800 m, o que demostra a súa calidade. Ana Izquierdo gaño o lanzamento de peso con 12.56 m
Dos cadetes, gran papel de Yeray Gómez (Val Miñor), 9.31.16 e Uxía Pérez Bugarín (At. Tui), 10.37.74, ambos os dous en 3000 m, con marcas para o nacional de Oviedo. Boa actuación, tamén, de Laura Chapela (At. Morrazo) en 300 m. Resultados

Compartir: