Resultados

Ana Peleteiro galardonada pola RFEA como Mellor Atleta Feminina Junior

A RFEA publicou oficialmente o listado de galardonados na Gala do Atletismo Español 2011. Ademais do Galardón que xa coñecíamos para o Mellor Xuíz, destinado ao galego Jorge Blanco, haberá unha atleta galega tamén no listado, trátase do Galardón de Mellor Atleta Junior Feminino, premio que irá para a Comarca do Barbanza, concretamente para a atleta Ana Peleteiro. O seu adestrador, Abelardo Moure, mais coñecido como “Lardo”, quedou en segunda posición na categoría de premiación “Mellor adestrador revelación”. Noraboa para ambos por este importante éxito!

Compartir: