O pasado domingo dia 18 celebrouse o Memorial Adolfo Ros Vola a Ria, onde se
deron cita ao redor de 500 participantes.
Os 21.097,5 metros por Ferrol,Fene e Neda con saída e chegada en Narón completárona un total de 405 atletas.
O vencedor Pedro Nimo, con minima olimpica parou o reloxo nunha 1.09.29, os participantes desafiaron á chuvia e frio. O acomparon no podio o nicrariense Jorge Crespo (1.13.44) e o triatleta naronés
Brais Canosa, Unha vintena de mulleres participaron na media maratón polos citados catro concellos da ría. A mugardesa María Cabadas cruzou a meta en primeiro lugar (1.27.38) cunha ampla vantaxe
sobre a coruñesa Eusebia Maldonado (1.31.16) e a fenesa Vicky Leira (1.38.33).
Categorías inferiores
O mal tempo restou certo participación ás competicións de categorías inferiores, con distancias adaptadas a cada grupo de idade. Ao final competiron 85
nenos nas categorías de base do Memorial Adolfo Ros-Volta á Ría. Os tres primeiros clasificados foron, por esta orde, Natalia López Fernández, María Branco e Judit Lago, e Andrés Picallo, Pablo
Pajón e Aarón Alvariño en benxamíns; Paula López, Deisy Pérez e Andrea Ares, e Pablo Freire, Diego Rodríguez e Carlos López, en crías; Lucía Suárez, Raquel Ruiz e Miriam Otero, e Pedro Osorio,
Daniel Ríos e Xoan Díaz, en infantís; Inés Vázquez, Inés Santiago e Sara Guerrero, e Sergio González, Noel Soto e Héctor Rivas en cadetes, e Sara Jove, Jessica Cáliz e Yaiza Fidalgo, e Adrián
Bouza, Ero Doce e Adrián González en xuvenís.