Alejandro Fernandez e Leticia Fernandez vencedores da X Carreira Popular do Nadal San Cibrao das Vi?as

Perto de 700 atletas déronse cita na localidade ourensana de San Cibrao das Viñas para presenciar a décima edición da Carreira do Nadal desta vila. Na claficación absoluta impúxose o atleta do OAAP Alejandro Fernández Rivera, que estivo escoltado no podium polo atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra Roberta Geralavicius e en terceira posición José Manuel Fernández. No trocante a clasificación absoluta feminina, Leticia Fernández Barbosa (OAAP). Impúxose por diante de Dierdet Mc Dermot e María Jesús Gestido, respectivamente. A proba contou cunha importante participación e un bo nivel organizativo. (Resultados)

Compartir: