Resultados

Comeza a tempada en pista co Campionato Galego de Marcha

As pistas de atletismo da Universidade de Santiago, será o escenario do primeiro campionato autonómico coa disputa do Campionato Galego de Marcha en pista.
A competición contará coa presencia dos mellores marchadores da nosa comunidade. O Campionato está aberto a todos os atletas que teñan licenza en vigor na presente tempada.
A xornada abrirase ás 11,45 horas coa disputa de 1000 metros para a categoria benxamín, ás 12,00 darase a saída á categoria alevin que realizará un percorrido de 2000 metros, sendo a proba de cadete e infantís ás 12,20 sobre 3000 metros, finalizando a competición coa proba de 5000 metros para as categorias xuvenís, junior,promesa, sénior e veteranos, que comezará ás 12.45.
Nas categoria de menores a presenza de Roberto Veiro, Javier Escariz, Daniel Chamosa, Nicolas Fernández, Jaime Arias, Carmen Fuentes,Antia Chamosa,Alba Cajide, Angela Fernandez, Paula Pérez, etc, que seguramente refrenderán a magnifica actuación conseguida o pasado fin de semana de Gatafe.
Nos 5000 metros a presenza de Francisco Durán, Fabio e Armando Pereira, Eva Maria Iglesias, Mar Chillón, Miriam Costas, Marisol Diz, Samanta Mulloni, Rocio Carbia, entre outros farán un gran campionato. Circular Inscritos

Compartir: