Resultados

O técnico galego Mariano García-Verdugo foi convidado pola Federación Peruana de Atletismo para impartir un curso

Mariano García-Verdugo continua a sumar convites procedentes de tódolos rincóns do mundo para transmitir os seus coñecementos. Neste fin de semana pasado estivo en Perú impartindo un curso sobre adestramento de medio fondo e fondo. O curso estivo organizado polo Instituto Peruano do Deporte e a Federación Peruana de Atletismo. Asistiron un total de 35 adestradores seleccionados de Perú, ademais de algúns chilenos e bolivianos. Este venres e sábado estará en Vigo impartindo docencia no Curso de Monitor de Atletismo. Tódolos afiliados á EGA que desexen asistir a estas clases como oíntes poderán facelo, sempre e cando non se encha o aforo do curso, e tendo prioridade de asento os alumnos matriculados no curso.

Compartir: