Resultados

Iria Fernández e Hassan Lekhili: Vencedores da XII Edición de Megaxove 2011

O pasado dia 8 realizouse nos arredores do Pazo de Deportes “Paco Paz” e do recinto feiral Expourense, a XII Edición Carreira Popular Megaxove 2011.
Os representantes do Ourense Academia Postal Iria Fernández e Hassan Lekhili dominaron a XII Carreira Popular Expourense-Megaxove, proba que contou cunha inscrición récord de case 750 deportistas, dos que máis de 400 tomaron parte nas distintas carreiras, ademais dos máis novos que disputaron a proba de Cativos ao final da xornada.
Iria Fernández non tivo rival en ningún momento, e impúxose na liña de meta á súa compañeira, tamén atleta do Ourense, Filomena Cid, sendo terceira Almudena Cordón, esta tempada nas filas do ADAS Proinor. Tania Prieto (ADAS) acadaba a vitoria da categoría Júnior, e Mª Dolores Villar facía o propio na categoría de veteranas, onde Esther Bouso lograba a segunda posición.
A proba masculina foi dominada a pracer por Hassan Lekhili, que amosou unha vez máis o por qué das súas últimas vitorias nas populares máis destacadas de Galicia, e mesmo no Campo a Través. Hassan foi secundado no podio absoluto polo seu compañeiro de club Alvaro de la Fuente, sendo terceiro o representante do ADAS Víctor Conde. Na categoría Júnior, victoria tamén para o Ourense, da man de Mario Pérez, mentres Saturnino González vencía en Veteranos A (con Daniel Valentín en segundo lugar), Domingo Alvarez (Burgas) vencía en Veteranos B, e Jose Fernández Barracel (Val de Rábeda) lograba o triunfo en Veteranos C. Resultados Fotos

Compartir: