Suspendido o Curso de Monitor Nacional de Atletismo de Ferrol

A Federación Galega de Atletismo comunica a tódolos preinscritos no Curso de Monitor Nacional de Atletismo a suspensión deste curso en Ferrol, dado que non se acadaron o número mínimo de alumnos sito en 15 participantes. Tódolos preinscritos deben poñerse en contacto ca FGA no email secgeneral@fgatletismo.com.

Curso de Monitor Nacional de Atletismo en Vigo

No pasado venres día 2 arrancou en Vigo o Curso de Monitor Nacional de Atletismo, no acto inaugural estivo presente o Vicepresidente da FGA D. Eleuterio García Rodríguez e o Secretario Xeral D. Víctor Arufe Giráldez. O curso está a contar cun total de 16 participantes que xa amosaron na primeira sesión de docencia un gran interese nesta formación específica. Entre estes participantes figuran destacados atletas galegos/as.

Compartir: