Éxito del cross de los Menhires organizado por el Marineda Atletico y el Riazor Coruña

Os Clubs Riazor Coruña e Marineda Atlético organizaron o I Cross Parque dos Menhires no circuíto coruñés da Torre de Hércules. A mañá non decepcionou e púidose gozar dun día de campo a través en que os atletas escolares e os populares foron os protagonistas. O clima foi favorable, a pesar dun lixeiro vento e chuvia nalgúns momentos, para o desenvolvemento dunha proba que na súa I edición recibiuo apoio do Concello da Coruña, a Federación Galega de Atletismo, Atmosfera Sport, Begano e Gadisa.
En canto á participación, máis de 600 atletas inscritos en diversas categorías e especialmente na proba de juniors, promesa, seniors e veterans masculina. Os clubs da zona quixeron apoiar esta iniciativa coa súa presenza nas categorías inferiores contando con nenos/as dos Clubs Coruña Comarca, Club Atletismo Sada, AD. Fogar Carballo, o Colexio Santa María del Mar, Compañía de María e o Colexio San Francisco Javier, así como os atletas dos dous clubs organizadores. Participación destacada, como é habitual nestas probas do Club Rialto en ambas categorías na proba absoluta.
A Xornada deu comezo coa proba benxamín, vencendo nos 500 metros femininos a atleta do Riazor Carmen García e en categoría masculina Tomás López do Atletismo Sada. Na proba alevin feminino sería a gañadora Lucia López mentres nos homes sobre unha distancia de pouco máis dun kilómetro gañaria o atleta local Ermias Fernández do Club Coruña Comarca.
Na proba infantil as atletas do Club Coruña Comarca tiveron un claro protagonismo vencendo Paula Fonticoba. En torno ás 11:30 disputouse unha interesante proba na que sobre unha distancia de dous kilometros competirían atletas infantís homes xunto coas cadetes e xuvenís mulleres. A clara vencedora sería Carmela Cárdama do Comesaña Sporting Club gañando a proba xuvenil, seguida da cadete Ainhoa Portos do Riazor e Alberto Tomé do A.D. Fogar de Carballo.
Na proba cadete e xuvenil masculino púidose ver un bo grupo de atletas de calidade procedentes de diferentes clubs galegos. En categoría xuvenil vencería Olaf Araujo, seguido de Ero Doce, e na proba cadete o atleta do Atletismo Vedra, Raúl García entraría na meta seguido de Alejandro Pardo e David Bergondo
A atleta do Celta Feminino, Esther Navarrete, medallista na tempada pasada no Campionato de España Promesa impuxo dende os primeiros metros a súa autoridade na proba, vencendo na súa categoría e na xeral. En segundo lugar entraría Cristina Pérez do Ria Ferrol e terceira Rocio Alvite. Nesta proba destacamos o sexto posto da atleta veterana Carmen Rodríguez.
Con puntualidade deu comezo a proba masculina na que aproximadamente 200 atletas situáronse na línea de saída para enfrontarse os 8 kilómetros dun recorrido duro cun terreo en bo estado. Impúxose un bo ritmo dende os primeiros kilómetros nas primeiras posicións, pouco a pouco os favoritos foron destacándose do resto de atletas para finalmente impor a súa calidade o lugués Juan Pena seguido dos atletas promesas Fran Diaz e Santiago García, na categoría júnior vencería o atleta do Celta Alvaro Gamundi. Por detrás numerosos atletas populares enfrontábanse á súa primeira proba de campo a través sufrindo a dureza do mesmo pero recoñecendo a beleza dun percorrido e un entorno inmellorable.
A entrega de trofeos estivo presidida polo Alcalde da Coruña, Carlos Negreira, o concelleiro de Deportes Francisco Mourelo e o Presidente da Federación galega de atletismo Isidoro Hornillos. Así mesmo vivíronse momentos emotivos coa entrega de medallas por parte de dúas persoas entrañables para a xente do atletismo galego e en especial do coruñés como son, o gran atleta José Antonio Varela Calviño e como delegado do Atletismo Coruña e xuiz, Mariano Balsa. Resultados

Compartir: