Sandra Mosquera e Solange Pereira convocadas pola RFEA para o Cto. de Europa de campo a través

A RFEA acaba de facer pública a selección española que participará no vindeiro Campionato de Europa de Campo a través a celebrar en Velenje o día 11 de decembro. Neste selecto grupo de atletas figuran dous atletas federadas por Galicia, Sandra Mosquera e Solange Pereira, que representarán a España na categoría promesa. Asemade está convidado a asistir a este importante evento o adestrador galego D. Alfonso Ortega. Noraboa a todos eles/as!(Circular RFEA)

Compartir: