O memorial Belarmino Alonso e unha competicion de campo a traves iniciada no ano 1978, nela rendese homenaxe a un directivo do comesaña sporting club falecido no ano 1977, e que da
nome a dicho cross. Por todo elo este ano celebrase a edicion numero 33.
Puntualmente deuse a saída á carreira promesa/sénior, onde se xuntan un bo ramillete de candidatos ao triunfo, Carlos Costa, o vencedor do pasado ano, Hassan Lekhili, Manuel Penas, Miguel Ribeiro e Jorge Pinto.
A mañá era propicia para o desenvolvemento da competicion, que deu comenzo coa carreira de xuvenís e júnior homes que correrían unha distancia de 4440 metros.
A proba houbo de repetirse dado que alguns atletas correron nalguns tramos en sentido contrario, na reanudación da proba algún optou por non participar, sendo o resultado final o
seguinte: 1º Helder Costa, posiblemente o mellor atleta xuvenil de fondo portugués do momento, que dominou de principio a fin, (13.12.) 2º outro xuvenil, que estrea categoría cun bo resultado,
Miguel Otero . Terceiro e primeiro júnior, Alejandro Álvarez. 13.32 en dura loita co atleta do real club Celta de Atletismo Anxo José Fernández, 13.33.
Sobre unha distancia de 3380 metros, as atletas femininas da categoria xuvenil e junior corren a continuación. O bo facer das atletas do Val Miñor vese reflexado no resultado final
da proba acadando a tres primeiras posicións. A victoria final sería para Sandra Rodriguez, atleta da categoría xuvenil seguida da junior Jenny Fernández e terceira a sua compañeira Eva Cid. Boa
carreira da marchadora Mar Chillón, medallista no Campionato de España Cadete, nunha proba de campo a través acadando a sexta posición.
Puntualmente deuse a saída á carreira promesa/sénior, onde se xuntan un bo ramillete de candidatos ao triunfo, Carlos Costa, o vencedor do pasado ano, Hassan Lekhili, Manuel Penas, Miguel Ribeiro e Jorge Pinto.
Hassan q viña de gañar importantes carreiras disputadas en asfalto e Manuel Penas q progresivamente vai recuperando o seu nivel tras unha larga lesión, no obstante e o portugués
Carlos Costa quen toma de inicio o mando.
Xa neses primeiros kilómetros os favoritos vanse situando nun primer grupo ata que Hassan decide dar un cambio definitivo o que so responde Manuel Penas.
Aquí queda xa a carreira totalmente enfilada cun Hassan Lekhili incuestionable que entra na meta en solitario cun tempo de 27.46. seguido de Penas con 27.59 e 3º Carlos Costa, con
28.07.
No posto 12º entraba o primeiro promesa da carreira, André Silva e disputarianse nesa categoria a segunda e terceira praza os atletas Samuel Rodriguez do Comesaña e Santiago
García do Narón.
Por equipos o vencedor foi o equipo do Juventude Unida de Fornos seguida do Ourense Atletismo e do Comesaña Sporting Club.
A carreira feminina deixou duas boas noticias para o atletismo galego por unha banda o bo estado de forma de Solange Pereira que está a facer unha moi boa temporada de inverno e a
recuperación despois de continuos problemas físicos da atleta promesa Sandra Mosquera que acadou a terceira posición sendo superada a falta de 900 metros por Rafaela Almeida. Na clasificación por equipos logrou a victoria o Comesaña Sporting