Este venres día 2 de decembro ás 16:00 horas terá lugar o inicio do Curso de Monitor Nacional de Atletismo a celebrar en Vigo. Están matriculados 14 alumnos que iniciarán o curso ca docencia do Prof. Víctor Arufe. O evento terá lugar ao longo de 8 fins de semana. Durante a vindeira semana está aberta a inscrición para aquelas persoas que por diferentes motivos non se percataron da celebración deste curso.
O Curso de Monitor Nacional de Atletismo a celebrar en Ferrol está a espera de conseguir un número mínimo de alumno para poder desenvolverse. Ata o momento tan só ha inscritas 7 persoas, non sendo suficiente para a súa celebración. Mantense tamén a inscrición aberta ao longo da vindeira semana e posteriormente comunicarase si se celebra finalmente en Ferrol ou se traslada para outras datas.