Novidades técnicas para esta tempada 2011/12

Nesta tempada que iniciamos recentemente aplicaranse numerosos cambios normativos que foron propostos por diversos integrantes da Asemblea Xeral e membros da Comisión Delegada. Así pois, na pasada Asemblea Xeral un representante dun club propoñía a modificación da normativa referida aos atletas extranxeiros e o seu dereito a recibir unha medalla nos Campionatos Galegos, esta proposta que contou ca maioría de votos a favor, terá aplicación dende o 1 de novembro do presente ano, tódolos atletas extranxeiros maiores de 18 anos non poderán optar á premiación nun Campionato Galego, para iso terán que ter nacionalidade española.

Por outra parte, na pasada reunión da Comisión Delegada e Xunta Directiva, froito tamén dunha proposta de varios representantes de clubes aprobouse por unanimidade de tódolos membros representados nesta comisión (representantes de atletas, clubes, xuíces e adestradores) o cobro dun 1 euro por atleta e participación nos controis técnicos organizados pola FGA. A medida será válida para aquelas competicións de pista solicitadas e non incluidas nos orzamentos da FGA aprobados pola Asemblea Xeral. Os Campionatos Galegos, as xornadas de deporte escolar, e as competicións financiadas por outras entidades (diputacións, concellos, etc.) non se acollerán a esta norma. Con esta medida preténdese paliar o gasto da organización dos numerosos controis técnicos que se organizan cada fin de semana en distintos rincóns de Galicia á vez de evitar as altas tasas de incricións en distintas probas que algúns atletas realizan causando desta manera un descontrol para os organizadores á hora de confeccionar series, programación das probas, xestión dos recursos humanos, etc. Noutras comunidades esta medida xa está implantada dende fai décadas. Galicia súmase así, a petición dos representantes da Comisión Delegada, a unha mellor xestión dos recursos do atletismo. Por último lembrar que a Federación Galega de Atletismo está a traballar arreo para difundir a imaxe do atletismo galego, convertíndose na primeira federación cun programa de atletismo semanal, difundido actualmente en tres canles: TVG2, Localia e RTelevisión. Ademais neste mes resolverase as axudas económicas enmarcadas dentro do Plan Galego de Tenificación para tódolos núcleos e atletas que o solicitasen.

Compartir: