A Coruña 42

Infórmase a tódolos atletas interesados en participar na vindeira Maratón A Coruña 42 así como ás entidades colaboradoras, que se está estudando distintas opcións do percorrido desta carreira, buscando as millores condicións do circuito co fin de que os atletas acaden boas marcas. Nos vindeiros días, unha vez elexida a mellor opción entre as posibles que se están barallando, informaremos conxuntamente entre o Concello de A Coruña e a FGA. Grazas a todos pola vosa colaboración.

Compartir: