Homenaxe a Mariano Castiñeira

O Club San Fernando Lucus tributou un emotivo e merecido homenaxe a Mariano Castiñeira con motivo da súa recente xubilación profesional. Non se convidou a ningunha institución así que no acto estiveron unicamente os seus ex-ateltas e seguramente algún do futuro, ademais dalgúns dos seus amigos máis relacionados co deporte.A figura de Mariano é por todos coñecida en calquera ambiente tanto atlético coma médico e imprescindible para o desenvolvemento do atletismo na provincia de Lugo. Dende moi novo -recordaba- estaba disposto a adestrar a calquera que quixese practicar atletismo e así fíxoo durante máis de trinta anos con especial brillantez xa que con moi poucos medios, soamente o seu entusiasmo persoal e unha dedicación constante, sacou adiante a numerosos atletas moitos deles internacionais e algúns mesmo chegaron máis tarde a ser olímpicos, tal é o caso de Tito Margaride, María Abel ou Alesandra Aguilar. Seguramente sen a figura de Mariano tales cumes atléticos non as terían conseguido. Os seus atletas doutros tempos quixeron recordalo con multitude de citas e anédotas protagonizadas por este home irrepetible e Miguel Caamaño, esposo de Maria Abel, dedicoulle por expreso desexo desta, que se encontra en Sevilla e non puido asistir a esta cita, unhas palabras moi cariñosas. (Na foto de esquerda a dereita: Miguel Caamaño, Fátima Paz, Paco Miranda y Carlos Villamor)

O Club San Fernando Lucus tributou un emotivo e merecido homenaxe a Mariano Castiñeira con motivo da súa recente xubilación profesional. Non se convidou a ningunha institución así que no acto estiveron unicamente os seus ex-ateltas e seguramente algún do futuro, ademais dalgúns dos seus amigos máis relacionados co deporte.A figura de Mariano é por todos coñecida en calquera ambiente tanto atlético coma médico e imprescindible para o desenvolvemento do atletismo na provincia de Lugo. Dende moi novo -recordaba- estaba disposto a adestrar a calquera que quixese practicar atletismo e así fíxoo durante máis de trinta anos con especial brillantez xa que con moi poucos medios, soamente o seu entusiasmo persoal e unha dedicación constante, sacou adiante a numerosos atletas moitos deles internacionais e algúns mesmo chegaron máis tarde a ser olímpicos, tal é o caso de Tito Margaride, María Abel ou Alesandra Aguilar. Seguramente sen a figura de Mariano tales cumes atléticos non as terían conseguido. Os seus atletas doutros tempos quixeron recordalo con multitude de citas e anédotas protagonizadas por este home irrepetible e Miguel Caamaño, esposo de Maria Abel, dedicoulle por expreso desexo desta, que se encontra en Sevilla e non puido asistir a esta cita, unhas palabras moi cariñosas.

Entre as mensaxes máis informais, aconsellouse a Mariano agora que dispón de máis tempo, a ” practicar caligrafia e asistir a cursos sobre novas tecnoloxías “. estou seguro que non fará nin unha cousa nin a outra pero se seguirá adestrando con máis entusiasmo que nunca e aproveitou para recordar que o máis importante non é o material e si os outros valores que adquire o verdadeiro deportista a través do atletismo. Mariano dedicou unhas merecidas palabras aos seus colaboradores e amigos no hospital de San José, Teresa Carballada e Manolo Mayo e moi especialmente á súa esposa Luisa Cabezas, pola súa axuda, colaboración e comprensión de tantos anos da que dixo era madre de moitos fillos-referíndose á gran familia altética- e eu engado que a casa de mariano a parte do fogar familiar, era campo de futbol, hospital, centro de rehabilitación, consultorio, campo atlético e non quero esquecérseme taller de mecánica e carpintaría. Como deportista obtivo innumerables éxitos que non estou capacitado para recordar e me refiriré a que está en posesión da Insignia de Ouro da FGA e a Insignia de Prata e Medalla de Ouro do club San Fernando Lucus. A nosa felicitación dende esta Federación Galega de Atletismo, por tan merecido recoñecemento, tanto para Mariano coma para a súa esposa Luisa.

Compartir: