Nunha boa matinal para o atletismo , celebrouse o Campionato galego de 10Km
en ruta, conjuntamente coa 5ª carreira Coruña 10. Soamente soprou un lixeiro vento que perxudicou levemente as marcas acadadas polos participantes. Eran 453 os inscritos federados e 1922 os non
federados, do total foron controlados en meta 1970 atletas: 1778 homes e 202 mulleres.Fóra de control aínda entraron algúns e algunhas máis. Quere dicir isto que se superou con amplitude a barreira
da 4ª edición desta carreira urbana. A saída deuse puntualmente, e dende os primeiros compases xa o marroquí Hassan Lekhili impuxo a súa lei. O seu ritmo fixo que segundo avanzaba a carreira a
distancia cos seus seguidores fose aumentando. Foi case ata os últimos 500 m seguido doutro marroquí, Akka Esaadaqui, que viña mantendo unha distancia substancial co grupo perseguidor formado por
Gustavo Platas, Elías S. Domínguez, Carlos Villamor, Daniel Bargiela, Robertas Geralavicius e algo máis atrás Gustavo
Nieves. O último kilometro foi decisivo para dilucidar o segundo e terceiro posto da carreira, supoñendo tamén o Cto Gallego. Gustavo tiraba e Carlos tamén sobrepasándoo, cando este xa tiña
adiantado ao ata eses últimos metros segundo Akka, que tamén se vería sobrepasado por Elias Domínguez, posiblemente pagando o marroquí as consecuencias da carreira do día anterior. Platas aínda
non tiña dita a última palabra, polo cal nun ultimísimo esforzo impúxose a Villamor na mesma liña de meta. Cuarto da carreira e completando o podio do Cto. foi Elias Salvador Domínguez,que que
sería tamén campeón galego veterán. Akka foi quinto, sexto Daniel Bargiela,(tamén gañador da súa categoría M35) sétimo o lituano Robertas Geralavicius , octavo Gustavo Nieves, noveno Juan Pena
Holguín, e décimo Marcos Antonio Seijo, á súa vez campión de súa categoría de veterán M40.
Polo que se respecta ás mulleres, a portuguesa do Comesaña Patricia Mendes
Pereira, saiu decidida a ser a vencedora, seguíaa a pouca distancia Solange Andreia Pereira, quen pasado o ecuador da proba poníase á súa altura. Imporíase no tramo final con claridade meridiana, a
Patricia, quen rematou segunda da carreira e vencedora do Cto. ao ser Solange atleta con licenza por Fuerteventura. En terceira posición etraba a atleta de Teo María Yolanda Gutiérrez, sendo cuarta
Raquel Suárez, que completaba o podio absoluto deste Cto. Gallego. De quinta e campiona promesa entraba a viguesa Esther Navarrete, por diante da campiona veterana Soledad Castro.Foi sétima a
campiona júnior, Leticia Fernández, octava outra veterana, vencedora da súa categoría, Esther Pedrosa, novena Sara Pérez e completando a decena Cristina Estévez, tamén vencedora nacategoría
veterana W35. No posto 22º entraba como campión promesa Pablo Noche, que se impoñía por tan só seis segundos a Santiago García, o terceiro promesa foi Manuel Martínez, que entróu no posto 27º. Para
localizar ao campión júnior imos ao posto 33º de Álvaro Gamundi, este podio foi completado por Martín Taín no posto 50ºe Abdelaziz Fatih no posto 59º. Por parte femenina Andrea Montero foi segunda
promesa galega e Silvia Veira a 3ª… Leticia foi a única júnior
Categorias Menores:
A xornada continuo coas carreiras
programadas para a categorias menores e resultou un éxito en todas as categorias.
A primeira en celebrarse foi as das categorias xuvenís, cadete e infantís sobre unha distancia de 4 Km., resultando vencedores Sergio Rodriguez Quintana e Eva Cid Guede na categoria xuvenil; Rafael
Piñeiro Lesta e Uxia Pérez Bugarín en cadete; Tariku Novales Ordax e Iria Rodriguez Hortas en infantís.
A continuación deuse a saída ás categorias alevin e benjamin, cos triunfos de
Arturo Ramos Rei e Lucia Cardesin Cortegoso en alevíns, Mateo Oreiro Hermida e Maria Porto Torres en benjamines. A distancia percorrida foi de 1200 metros.
Como fin da xornada celebrouse a carreira de “pitufos” sobre unha distancia de 150 metros.
A organización viuse obrigada facer dúas carreiras debido á gran cantidade de nenos que participaron e quixeron copiar aos seus pais.
Éxito da V Edición de Coruña 10, que nos obriga a todos os a seguir mellorando para próximas edicións.
A organización quere agradecer a todos os participantes e colaboradores a súa participación.
Resultados: Campionato Galego – Populares – Categorias Menores FOTOS 10 KMS. FOTOS MENORES
Crónica: Joaquín Pérez