Resultados

Onte presentouse a V Carreira Vigo+11

O vindeiro domingo día 16 de outubro terá lugar en Vigo a V Carreira Popular Vigo + 11. O evento aspira a ter 1500 participantes que invadiráns as principais rúas de Vigo. Ao igual que en anteriores edicións haberá tamén un percorrido menor para as categorías inferiores. No acto de presentación estivo presente o concelleiro de deportes do Concello de Vigo, Manel Fernández; a delegada territorial da Xunta, Lucía Molares; o delegado da Delegación Viguesa de Atletismo, Eleuterio García; o presidente do Real Club Náutico, Franco Cobas; Jorge Santos, de Novacaixagalicia; e o responsable de Relaciones Externas del El Corte Inglés, José Manuel Blanco.

Compartir: