Resultados

María Dolores González é dende hoxe oficialmente a nova directora técnica da FGA

No pasado sábado ao longo da xuntanza da Comisión Delegada e Xunta Directiva que tivo lugar no Salón de Actos da Delegación Provincial do Servicio de Deportes de A Coruña, o presidente informou a tódolos presentes da nova directora técnica da FGA. Tras a baixa do anterior director, D. Pepe Tuimil, que por motivos profesionais e persoais comunicou ao presidente a súa baixa voluntaria no cargo, pese en parte a súa vontade de continuar traballando arreo no atletismo. María Dolores González asumirá este cargo con moita ilusión e dedicación, así o anunciou a tódolos membros da Xunta do Goberno no pasado sábado.

María Dolores, mais coñecida como Madó, sempre estivo vinculado ao ámbito do atletismo, como atleta, psicóloga e directiva do Club Atletismo Marineda Atlética. Asemade, goza dun extenso curriculum acádemico e profesional que avalan a súa valía para acoller un cargo tan importante como é a Dirección Técnica da FGA. Actualmente imparte docencia na Universidade Lusíada de Portugal e ten o título de doutura en psicoloxía.

Dende a FGA desexamos agradecer públicamente o traballo feito por D. Pepe Tuimil, quen dedicou moito tempo á xestión do atletismo galego. E felicitamos á Madó nesta nova andaduda como directora técnica, desexando os mellores éxitos profesionais.

Compartir: