O domingo ás 10.30 horas terá lugar en Acea de Ama (Culleredo) a I Ruta
Aquama, unha carreira pedestre baixo o control da Federación Galega de Atletismo e na que participarán todos aqueles corredores que o desexen. O Complexo Acuático de Acea de Ama reunirá a atletas
de todas as idades para competir en diversos percorridos
A Ruta Aquama nace co obxectivo de promocionar, por parte da Xerencia do Complexo Acuático de Acea de Ama, o deporte e todos os seus valores. Ademais, o seu principal desexo é agradecer a
fidelidade da gran cantidade de atletas que fan uso das instalacións do centro. Así, a cita do domingo reunirá aos amantes do atletismo para gozar dunha xornada moi deportiva.
O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces dá Federación Galega de Atletismo e a entrega de premios para os gañadores está prevista para as 12.45 horas, no complexo deportivo de
Aquama. Regulamento – NOVO Percorrido –
inscritos menores