Resultados

A FGA desexa lembrar a tódolos organizadores de carreiras populares a normativa vixente

Ante a proliferación de carreiras populares por Galicia producida nos últimos anos, a FGA desexa lembrar a tódolos organizadores que tal como establece o Real Decreto 849/1993 de 4 de xuño do 2003, os organizadores de probas populares na vía pública deben contratar un seguro de responsabilidade civil e de accidentes deportivos para os atletas que participen na proba. A non contratación deste seguro podería conlevar a importantes sancións para o organizador. Asemade é obrigatorio o corte do tráfico e a presenza de un médico e unha ambulancia.

Os organizadores que desexen incluír o seu evento no calendario oficial 2011/12 da FGA deberán cumprimentar a solicitude publicada na Circular 62-2011, cumprindo cos requisitos que esixe a FGA seguindo a normativa vixente. Asemade, tódolos organizadores que inclúan a súa carreira no calendario oficial, disporán gratuitamente da posibilidade de realizar inscricións online do seu evento a través da páxina da FGA así como a posibilidade de contratar os seguros obrigatorios para os participantes por un prezo especial dun 1 euro por atleta popular. (Mais info Click Aquí)

Compartir: