O vindeiro sábado 3 de setembro celebrarase na localidade de Noia a decimoquinta
carreira pedestre que leva o nome da Vila e que estará organizada polo Clube Atletismo Noia xunto co Concello de Noia e da FGA. A carreira repartirá importantes premios en metálico entre os
primeiros clasificados e entre os tres clubes federados gañadores. 300, 175, 125, 100 e 75 € se repartirán entre os 5 primeiros homes e mulleres da proba absoluta e 150, 100 e 75 € serán os premios
destinados os clubes gañadores nesta clasificación.
As probas darán comenzo ás 18 horas coa disputa das probas escolares e rematarán ás 19:00horas coa disputa da proba absoluta. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o xoves 1 de setembro ás
22 horas Regulamento Consulta de inscritos a partir do 1 de setembro en: http://www.fgatletismo.es/santiago/