Comezou o Campionato de España Absoluto en Malaga, con presenza de
atletas galegos nas probas programada para a primeira xornada.
A final de xavelina foi a primeira en disputarse e a proba contou con catro atletas galego, onde José M. Vila logrou a primeira medalla para os galegos, ao lograr a terceira praza cunha marca de
67,35, sendo cuarto Borja Barbeito con 66,52, septima posición para Raimundo Fernandez con 66,84 e oitavo Manuel Uriz. Con 63,83. Ningún deles conseguiu mellorar o seu rexistro da tempada.
En semifinais de 100 valos, Virginia Villar gaño a súa serie con 13.97 (MMT) logrando pase á final co segundo mellor rexistro das participantes.
En 400 metros Begoña Garrido con 56.90 métese na final e Esperanza Caldas con 59.68 non logra o pase.
Tras a primeira xornada do decathlón, bo retorno do olimpico David Gómez que tras a disputa das probas de 100 (11.38), lonxitude (6,82) e peso (13,58) ocupando a segunda posicion con 2252 puntos. Santiago Ferrer cuns parciais 11.66, 6,25 e 10,50 para un total de 1876 puntos estando no posto doce.
Xornada Sabado tarde
Á medalla de bronce de
José M. Vila en xavelina,conseguida pola mañá, na
xornada de tarde hai que engadir a fantastica medalla de ouro de Jean Marie Okutu en lonxitude con 7,84 metros, quedando a 11 cms. do record galego que posúe.
Medalla de plata para Virginia Villar en los 100 vallas, con una marca de 14.16, confirmando su gran estado de forma y su gran temporada A terceira medalla da tarde foi conseguida por Mercedes de
Santalo, en disco cn unha marca de 51,36, que lle valio a medalla de bronce. A decima praza foi para Belen Toimil cunha marca de 42,87.
Bo campionato da junior Lidia Parada, logrando unha cuarta posición en xavelina con 47,89, preto de se mellor rexistro de 49,02 metros logrado nos pasados campionatos autonomicos.
Desilusión no triplo de mulleres, a cargo de Lucia Pérez ao realizar nulos no seu tres intentos, e non poder mellorar a súa marca de 12,42 metros.
Lida Casal e Ismael Costas non lograron meterse nas finais de 100 e 800 ao facer uns rexistros de 12.39 e 1.52.71.
En 10000 metros marcha en pista Lorena Luaces con 47.58.36 e Eva Maria Iglesias con 48.58.21 lograron o sexto e oitavo posto.
En decathlon, David Gómez, continua en segunda
posición con 3735 puntos, despois de disputar o meridiano da competición.
Santiago Ferrer despois de disputar a proba de altura viuse obrigado a retirarse da competición debido a unha lesión. Solange Pereira, a atleta canaria veciña de Cangas, competiu en 1500 m. proba
na que é campioa de España promesa, conseguindo unha meritoria medalla de bronce con 4.23.94. . Resultados