Resultados

Campionato de España de Atletismo:31 Atletas galegos inscritos

O próximo fin de semana no Estadio Cidade de Málaga,celebrarase o Campionato de España Abosluto e contará coa presenza de 31 atletas galegos(16 homes e15 mulleres) dos cales algúns deles con opcións de podium.
Os atletas que tomasen parte da competición son: Lidia Casal (200), Begoña Garrido y esperanza Caldas (400),Victor Riobo (1500),Javier Fidalgo, Virginia Villar, Lorena Vazquez, Antia Queimaño, Alba Fernandez (vallas), Paula Ferreiros (altura) Luís Moro (pertiga), Jean Mari Okutu (lonxitude), Lucia Pérez (triplo), Belen Toimil (peso e disco) Frank Casañas, Victor Galego, Mercedes de Santalo (disco), Gustavo Dacal. José M. Vila, Manuel Uriz, Borja Barbeito , Raimundo Fernandez e Lidia Parada (xavelina), Isaac Vicente e Pablo Denis (martelo), Lorena Luaces e Eva Iglesias (marcha) David Gómez e Santiago Ferrer (decathlon).
A priori son varios os galegos que teñen opcións de podium, como son atletas do sector de lanzamentos, como Dacal, Vila, Barbeito, Uriz, pois o seu rexistro da tempada fanos favoritos para subir ao podium e demostrar que os jabalinistas son os dominadores da especialidade a nivel nacional.
Na proba de disco, Casañas, que posúe a mellor marca da tempprada de 67,18 faille ser o máximo favorito para lograr o ouro. Nesta proba Victor Galego parte coa quinta mellor marca dos participantes
En martelo Isaac, tratará de mellorar o seu record galego de 69,14 e lograr a ansiada marca de 70 metros. Acompáñalle na proba o tambien discipulo de Hermida, Pablo Denis, atleta promesa que veu realizando unha gran progresión nas súas marcas, situándose no 5º posto do ranking absoluto en lanzamento de martelo
Descatar a volta a competición nacional do decatleta olímpico David Gómez, retomando a súa especialidade e comprobando o seu estado de forma, mesmo con posibilidades de meterse en postos de podio.
En categoria feminina, a vallista Virginia Villar,(actual subcampioa de España) e discipula de Virgio Barbeito, coa terceira mellor marca das participantes, tratase de repetir podium. Tambien a ferrolana Begoña Garrido que tomase a saída nos 400 metros, conta con serias opcións de “caixón”.
En lanzamento de disco Mercedes de Santalo e Lida Parada en xavelina son tambien candidatas a medallas.
En marcha Lorena Luaces e Eva Iglesias competiran nos 10000 metros. Lorena tentase ocupar praza fixa para o mundial. Atletas inscritos Máis información

Compartir: