Resultados

O Concello de Ares e o Concello de Castro do Rei volcados co atletismo popular nesta fin de semana

O sábado día 6 terá lugar en Galicia dúas probas importantes para os atletas populares galegos, por un lado celébrase a XX Milla Urbana de Ares, evento que ano tras ano crece e que congregará a un importante número de atletas. A proba terá lugar a partir das 11:00 da mañá na praza da Igrexa e poderán participar atletas de tódalas idades dende os 3 anos. Tamén a esa mesma hora terá lugar en Castro do Rei a súa carreira popular, con distancias entre os 200 metros para os máis cativos ata os 5000 metros. As incricións para este evento poden facerse ata o xoves día 4 ás 14:00 horas no email admcastroderei@hotmail.com , mentres que para a milla de Ares, as incricións deberán formalizarse a través do email FGAFERROLl@gmail.com ata ás 20:00 horas do día 4. Anímate a participar nestes eventos!

Compartir: