No Complexo Deportivo Larrabide de Pamplona celebrouse a VIII Ediciaón da Copa de
Clubs. Neste encontro
competiron os oito mellores equipos de España tanto en categoría masculina como na feminina, baixo o formato dun atleta por proba.
O club representante galego a Sociedade Gimnastica de Pontevedra logrou a séptima praza, cun mellor posto individual de Jean Marie Okutu en lonxitude con 7,59 segundo na proba e un
terceiro posto para Gustavo Dacal con 68,22 metros en xavelina.
A SGP logrou unha puntuación final de 67,5 puntos, sendo o vencedor o Playas de Castellón.
Boa tempada do club pontevedres, que o pasado fin de semana conseguiu o maior numero de medallas no Campionato Galego Absoluto de Ferrol.