Continuan os éxitos da xoven atleta do Atletismo Barbanza, Ana Peleteiro acaba de facer unha mellor marca de 13,17 (+1,4) metros no Festival Olímpico da Xuventude disputado nestes días en Turquía. Esta marca acredita un novo record de España xuvenil. A atleta superou a atleta francesa Sokhna Galle, actual campiona do mundo da especialidade, que tivo que conformarse cun mellor salto de 13,11 metros. Non da tempo a dixerir tantas boas noticias desta xoven atleta dirixida polo técnico Abelardo Moure. Con esta marca Ana establece un novo record galego xuvenil e xa está mais perto de acadar o record galego absoluto sito en 13,22 metros, o que sen dúbida algunha sería un gran éxito dada a corta idade da atleta. Noraboa!