Resultados

Gonzalo Basconcelo: Ouro no Festival Olimpico da Xuventud

Fantástico o obstaculista vigués Gonzalo Basconcelo, logrou a medalla de ouro na proba de 2.000m obstáculos no Festival Olímpico da Mocidade Europea na cidade turca de Trabzon. O pupilo de Alfonso Ortega, que xa disputou fai quince días a final do Mundial Xuvenil onde logrou a úndécima posición, realizou esta vez unha marca 5:54.60.
Gonzalo, posúe a actual mellor marca galega con 5.50.03, rexistro acadado no Mundial Xuvenil en Lille o pasado dia 6, borrando os 5.50.4 de Emilio Rogel feitos no ano 1978.
Na xornada de hoxe, logrou o pase á final Ana Peleteiro en triplo, tendo grandes posibilidades de medalla, xa que na clasificación saltou 12,60,. sendo terceira das clasificadas

Compartir: