Resultados

Campionato Galego Absoluto

O vindeiro sábado dia 23 nas instalacións da Malata de Ferrol celebrarase o Campionato Galego Absoluto.
Na competición daranse citas varios medallistas de España da distintas categoria, dos campionatos nacionais celebrados esta tempada.
A falta do Nacional absoluto que se celebran os dias 6 e 7 de Agosto en Malaga, os atletas galegos que aínda non ten a marca minima esixida, terán este sábado a última oportunidade de conseguila.
Moitas son as figuras do noso deporte que se darán cita en Ferrol, como Miguel Gómez, Patricia Carballo en 100 ; Esperanza Caldas en 200 e 400; Iria Castro en 800; Robertas Geralavicius ,Carlos Villamor, Erea Rodriguez en 5000; David Gómez e Carlos Moro en valos, Francisco Durán, Lorena Lauces, Eva Iglesias en marcha;Iria Fernández en lonxitude;José A. Palomanes, Lucia Perez e Marta Lolo en triplo; Luís Moro, Clara Gil en pértega;Victor Galego, Mercedes de Santalo, Belen Toimil en peso e disco; Gustavo Dacal, Manuel Uriz; José M. Vila, Borja Barbeito, Lida Parada en xavelina; Isaac Vicente Pablo Denis, Noelia Ferradanes en martelo.
Lamentar as ausencias de Jean Marie Okutu, Rodrigo Avellaneda, Ana Peleteiro, entre outros
HorarioAtletas inscritos

Compartir: