Francisco Duran e Eva Iglesias: vencedores na III Xornada do Circuíto Galego de Marcha

Na localidade Pontevedra de Cangas, Francisco Duran e Eva Iglesias, resultaron vencedores absolutos da III Xornada do Circuíto Galego de Marcha- Memorial Josefina Romeu.
Na a proba de 5000 metros en pista, o atleta do Ourense Academia Postal, Francisco Durán non tivo rival e impúxose cun gran crono de 21.46.6, (que o situa segundo nacional junior) seguido de José Fernandez Neves con 22.09.9.
En categoria feminina sobre a mesma distancia a atleta do Bidezabal, Eva Maria Igrexas impúxose con claridade a Rocio Carbia do Ourense Academia Postal.
Eva cruzou a meta cun rexistro de 23.58.5, superando a Rocio en 46 segundo e Marisol Diz en máis de dous minutos.
Nos 3000 metros destacou o cadete do Cuntis, Daniel Chamosa que cuns excelentes 14.00.1 pulverizó o seu anterior mellor marca galega de 14.54 realizada o pasado mes de Xaneiro en Pontevedra Resultados

Compartir: