Resultados

Gran Premio Cidade de Vigo.

O sábado 16 disputouse en Vigo a XXXII edición do Gran Premio Cidade de Vigo, que dadas as condicións meteorolóxicas non cumpriu coas expectativas xeradas nalgunhas das probas. A choiva que caeu en Balaídos ao longo de toda a xornada non favoreceu aos grandes atletas que alí se atopaban. Entre eles o norteamericano Miles Smith que se impuxo nos 100 e 400 metros, A velocidade saíu beneficiada coa presenza deste gran atleta, xa que os locais sentíronse motivados ao estar competindo cun atleta cunha importante traxectoria atlética, e a pesar da temperatura e a auga, rexistráronse boas marcas. Destacar a Rodrigo Avellaneda (COCO), 10.81 na final do hectómetro, tras un Smith que se paseou en 10.47. En 400 metros, foi Javier Alvarez(RCCV), con 49.54 quen rentabilizou o tirón do americano, gañador con 49.15, moi lonxe da súa marca persoal de 45.21.
Tamén bos resultados femininos en velocidade. Por baixo dos 13 segundos, Virginia Villar (OHL), 12.26 en semifinais e 12.29 na final, e Lidia Casal (RIA), 12.40, segunda na final do 100m. En 400m, Esperanza Caldas (RIA) fixo 57.94 e Lida Casal, 58.25.
O salto con pértega xerou as maiores expectativas, pero a choiva constante desluciuna e incluso converteuna en perigosa. O concurso pechouse cos 5.22m de Igor Bychkov, con Óscar Oliver en segundo lugar, 5.02m.
O duelo directo da xornada protagonizárono Borja Barbeito (Praias Castelló), 66.64m e Gustavo Dacal (SGP) 65.69m no lanzamento de xavelina. Isaac Vicente (Marathon) lanzou lle martelo a 67.81 metros. Tamén bo rexistro para Pablo Denís (Marathon), con 62.92 metros.
Nos saltos horizontais, 7.54m para Jean Marie Okutu(SGP) en lonxitude e 11.73 m en triplo para Lucía Pérez (CAFC)
Nutrida presenza portuguesa, especialmente nas probas de fondo, que dominaron maioritariamente. Bruno Moreira impúxose en 1500m con 3.52. Nos 3000m femininos, Jessica Augusto, 9.05.23 e Ercilia Machado 9.11.99. En 5000m Tiago Costa 14.10.19 e Jose Rocha, 14.11.41 Resultados

Flor Currás

Compartir: