Resultados

Gran Premio Ciudad de Vigo

O próximo dia 16 nas instalacións de Balaidos celébrase a XXXII Edición do Gran Premio Cidade de Vigo.
Un ano máis neste importante evento atletico, daranse cita os mellores atletas galegos nas distintas disciplinas.
Na presentación celebrada esta mañá, informouse dos atletas máis destacados inscritos para a competición entre os que destacan a fondista portuguesa Jéssica Augusto, dúas veces campioa de Europa de Cros, que correrá 3000 m; e o velocista americano Miles Smith, campión do mundo de 4 × 400 m coa súa selección, que correra 400 m.
A nivel colectivo destacan a pértega e a xavelina con varios dos mellores españois en concurso, o martelo grazas ao gran nivel local tamén tedrá unha boa representación de atletas do mellor nivel nacional, e en 5000 m varios atletas buscarán a mínima para o campionato nacional, na que se espera que sexa unha carreira rápida e moi igualada. Atletas destacados Horario

Compartir: