En Sacramento (USA) celébrase o mundial de veteranos, e a primeira alegria
deparóunola a atleta do Comesaña, Soledad Castro Soliño, ao facerse co titulo de campioa mundial na proba de cros, o pasado dia 6.
Soledad tambien interveu o dia 8 nos 5000 metros, logrado a cuarta posición cun rexistro de 18.40.59. Tamén participou Flora Guzmán, na porba de 100 metros facendo marca persoal con 17.96 na
categoria W60
Exitosa actuacción galega na xornada do dia 9, onde Manuel Rosales se proclamou sub-campeon mundial nos 5000 metros cun rexistro de 21.18.52, logrando a mellor marca de España na categoria M75.
Tambien sobresaíu Maria Jesus Sanguos, que participaba nas semifinais de 300 valos, onde logrou unha marca de 54.40, logrando ao igual de Rosales a mellor marca de España da categoria W55
Desde a FGA dámoslle o parabén a estes grandes atletas veteranos