Comezou na localidade de Xátiva o Campionato de España Junior, e as primeiras participantes galegas foron as marchadoras na proba de 10000 metros, onde interveu Rocio Carbia Lojo, quedando en quinta posición cun rexistro de 53.35.54 e Miriam Costas, foi oitava con 1.02.38.34.
Fantastica a actuación da atleta do Barbanza, Lidia Parada que logrou proclamarse Campioa de España con 47,54 metros en xavelina e ao mesmo tempo bater a mellor marca galega junior e promesa da
especialidade. Lidia levaba toda a tempada tentando bater a súa propia marca e ao final lógrao no mellor escenario posible dun Campionato Nacional. parabén
Tambien compiten esta mañá Sonia Beceiro e Alicia Merino as duas con opcións de podium en Heptathlón, Xornada Sábado Tarde
Varias finais disputáronse pola tarde, e a xornada
deixounos dous cuartos posto a cargo de Santiago Navarro en martelo con 55,38 e Paula Ferreiros en altura cun rexistro de 1,70 metros, sendo quinta Lucia Aragunde con 1,58. Tambien quinta posición
en pertiga a cargo de Sergio Telleria con 4,50, sendo oitavo Adrian Estevez en peso con 12,66 metros.
Con respecto ás semifinais bo rexistro de Rodrigo Avellaneda que gañou a súa serie 21.35 cun vento 2,3 Os outros atletas clasificados para as finais foron Carlos Mouro en 400 valos con 54.35 gando
a súa serie co mellor rexistro dos participantes. En 800 Francisco Llera meteuse na final grazas á súa marca de 1.55.49, nesta proba non lograron o obxectivo Erik Calvo y Daniel Muñiz coas súas
marcas de 1.59.66 e 1.55.85 .
Nos 1500 o celtico Carlos Porto non tivo o dia, e a súa discreta marca de 4.19.52 déixalle fóra da final.
Continua intacta as aspiracións de podium de Alicia Merino e Sonia Beceiro, que a falta da lonxitude, xavelina e 800 marchan en terceira e cuarta posición con 2737 e 2671 puntos no heptathlón
Xornada Domingo Mañán
Segunda medalla para os galegos a cargo do marchador Francisco Durán na proba de 10000 metros de marca cun rexistro de 46.15.32 que lle dá a medalla de
bronce. Nesta proba tambien tomaron parte Fabio Pereira, logrando a sexta praza con 50,.05.40, Angel Menduiña, na oitava posición con 54.30.57, sendo descalificado Armando Pereira.
A falta da proba de 800 metros para concluír o heptathlón, Alicia Merino ocupa o tres posición cun total de 3842 puntos a 54 puntos da segunda clasificada Sanae Zouine, sendo sexta Sonia Beceiro
con 3524.
Xornada Domingo Tarde
Nesta xornada as catro novas medallas conseguidas foron de prata a cargo de Rodrigo Avellaneda ,na proba de 200 m. con outro bo rexistro de 21.36 malogrado
polo vento de 2,3, Leticia Fernandez, fíxose co subcampeonato e n os 1500 con 4.47.91, sendo cuarta en 3000 con 11.18.52. A terceira medalla foi lograda por Adrian Estevez, en disco con 47,24 m. e
Alicia Merino en heptathlon con 4442 puntos
A FGA quere expresarlle a sua felicitación a todos os participantes polo seu bo facer e os seus clubs e adestradores parabén Resultados