No día de hoxe publicouse na Circular 52-2011 unha nova convocatoria de concentración dos atletas galegos de marcha. A mesma terá lugar entre os días 14 e 16 de xullo e desenvolverase principalmente en Vigo, rematando en Cangas conxuntamente ca celebración da 3ª Xornada do I Circuito Galego de Marcha en Pista Josefina Romero. O horario desta xornada está publicado na Circular 53-2011.