Este domingo ás 11:00 horas loita contra a fibromialxia correndo ou camiñando na Coruña

LigazónO domingo día 3 a partir das 11:00 horas terá lugar na Coruña a 1ª Milla Popular ACOFIGA. O evento que pretende recaudar fondos para a loita contra a fibromialxia está organizado pola asociación sen ánimo de lucro ACOFIGA, entidade que traballa na difusión e tratamento do Síndrome de Fatiga Crónica e Sensibilidade Química Múltiple (fibromialgia), e conta ca colaboración do Concello da Coruña entre outras entidades. As incricións poden facerse na web desta federación ata o xoves día 30 ás 21:00 horas. O donativo da inscrición é de 2 euros que deberá ser ingresado na conta da asociación 2091-0704-72-3040005243 (Novacaixagalicia). Tódolos participantes recibirán unha camiseta conmemorativa ao recoller o dorsal. Haberá distintas probas deportivas, carreiras de 100 metros para os mais pequenos, de 1000 metros para benxamíns, alevíns, e infantís, e unha milla para o resto de categorías. Haberá trofeos e medallas para os primeiros clasificados. Máis información click no calendario da FGA. Novo Horario

Compartir: