Un concello máis súmase a boa iniciativa de organizar unha carreira popular para disfrutar dun día saúdable practicando un dos exercicios físicos máis bos para a saúde, a carreira a pé. O Concello de Cerceda en colaboración co Club Atlética A Silva organizará o domingo día 3 de xullo a VII Carreira Popular A Silva 2011. O evento terá lugar a partir das 11:00 horas e o mesmo pretende acoller a cativos nados dende o ano 2006 e posteriores, ata veteráns e persoas con algunha discapacidade. Haberá distintas distancias a percorrer dependendo a categoría dos atletas. A proba absoluta terá un percorrido de 7500 metros aprox. As incricións poden facerse ata mañá xoves ás 14:00 horas no email inscricionsFGAsantiago@gmail.com ou no tlf. fax. 981-692464. A organización tamén ofrece a posibilidade de disfrutar dunha gran churrascada por un precio especial de 12 euros por persoa que inclúe churrasco, pan, bebida, postre e café). Unha moi boa combinación para disfrutar do domingo en familia: carreira + xantar.