Resultados

Numerosas delegacións da FGA coordinan nestes días importantes competicións federadas en pista

Nestes días estanse a celebrar importantes reunións atléticas federadas por toda a comarca galega. Os eventos están organizados pola Federación Galega de Atletismo e contan co apoio de diversas institucións públicas e privadas, a Deputación de Lugo, a Deputación de Ourense, Novacaixagalicia, entre outras. A través destas competicións, os atletas buscan mellorar a súa marca e acadar mínimas para os distintos campionatos de España. Hoxe mércores en Vigo, nas pistas de Balaidos estase a celebrar o V Trofeo Alfonso Posada., competición que goza dun gran nivel de participación e alta calidade de marcas. Mañá en Ourense terá lugar a 10ª xornada da XXVIII Copa Deputación de Ourense nas pistas de Monterrei. O día 1 de xullo, venres, celebrarase en Pontevedra o Trofeo Novacaixagalicia, nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, e o sábado día 2 terá lugar en Lugo, nas pistas Gregorio Pérez Rivera a 3ª Xornada I Copa Diputación de Lugo. Mais información sobre estas probas no calendario da FGA.

Compartir: