A RFEA publicou na súa Circular 141-2011 o listado de atletas integrantes da selección que representará a España no vindeiro Campionato do Mundo Xuvenil que terá lugar en Lille (Francia) do día 6 ao 10 de xullo. Neste listado figuran os xóvenes atletas galegos: Ana Peleteiro (Triple salto), Gonzalo Basconcelo (2000 m.obstáculos) e Belén Toimil (lanzamento de peso e disco). Salientar tamén que como xefe da expedición viaxará o presidente da Federación Galega, Isidoro Hornillos quen foi convidado polo presidente da RFEA para asumir esta importante responsabilidade ao fronte de máis de 50 atletas e adestradores. Tamén están presentes adestradores galegos, tal é o caso de Abelardo Moure, xoven adestrador de Ana Peleteiro e outras importantes atletas do Barbanza ou o fisioterapeuta afincado en Santiago, Dositeo Pena. Noraboa para todos eles!