Campionato de España Cadete: 2 Ouros, 3 pratas e 4 bronces e mellor marca galega de Iria Forjan en lonxitude

Os cadetes galego que competiron na primeira xornada do Campionato de España Cadete que se celebra en Castelló lograron un total de catro medallas.
Os lanzadores foron os grandes protagonista xa que as medallas conseguidas foron nesta disciplina.
Sergio Paredes do Cuntis proclamouse campión en martelo con 57,73 metros.A medalla de prata foi para Martín Liste do Silva en disco con 50,82 e as dúas de bronces foron as logradas en peso por Raquel Vila e Castro Chapela do Vila de Cangas en disco unhas marcas de 11,64 e 49,94 metros.
Na xornada do domingo con seguridade depararanos novas medallas para os nosos atletas e Patricia Carballo en 100; Miguel Otero en 1000, Claudia Rojo en 300v; Iria Forjan en lonxitude, e Mar Chillon en marcha entre outros, tes serias opcións de subirse ao podium

XORNADA DOMINGO: Cinco Medallas e Iria Forxan mellora a mellor marca galega de lonxitude en 14 cm.

Boa xornada a vivida polos cadete este domingo, onde se lograron un total de cinco novas medallas (1 ouro, 2 pratas e 2 bronces)
Gran campionato da atleta do Barbanza, Iria Forxan Olveira, que consegue o Campionato en lonxitude cun gran salto de 5,72 e mellora a mellor marca galega de 5,58 de Erika Cerdeira posuidora desde o ano 1995.
Na xornada de hoxe Iria tambien interveu na final de 100 metros, facendo unha marca de 12.77 e a septima posición.
As medallas de pratas foron logradas en 3000 metros marcha pola actual campioa galega Mar Chillón cunha marca de 15.12.05. Mesmo metal para a atleta do Ria Ferrol Claudia Rojo na proba de 300 valos cun rexistro de 45.32 mellorando a súa mellor marca persoal.
Bronces para a campioa galega Patricia Carballo do Coruña Comarca cun rexistro de 12.45 . E non podia faltar nesta xornada a medalla en lanzamento e esta vez foi a proba de peso onde Pablo Chapela do Vila de Cangas e a súa marca de 16,00 metros serviulle para subir ao podium.
En velocidade citar o bo campionato do prometedor atleta do Riazor Coruña, que na súa primeira participación nun campionato nacional individual , consegue unha meritoria cuarta praza cuns interesantes 11.44 Resultados Actuacción Galega

Foto: Medallistas (Flor Currás)

Compartir: