No día de onte faleceu o ex-martillista galego César González, un infarto sesgou a vida deste atleta, que destacou na modalidade de martillo cando apenas existían medios e instalacións para practicalo, obtivo varios títulos a nivel nacional e incluso representou a España en numerosos campionatos internacionais. Dende a FGA desexamos transmitirlle a súa familia o noso apoio nestes momentos tan duros para toda a familia atlética.