Numerosa presenza galega no Campionato de España cadete ao aire libre
que se celebrará este fin de semana en Castelló, con representación en todas as modalidades, sendo os 600m masculinos, con seis atletas, a proba con maior número de participantes con ficha
galega.
Por sectores, destaca o de lanzamentos, con dez participacións. Entre os favoritos, Sergio Paredes (Cuntis) en martelo e Pablo Castro e Raquel Vila, do Vila de Cangas, en peso, con serias opcións
a medalla.
Patricia Carballo (COCO) en 100m, Eugenia Gil (Marineda) en 300m e Claudia Rojo, 300 m valos son as bazas galegas a podio. A eles súmanse Miguel Otero (Cuntis) en 1000m e Mar Chillón (Vila), 3km
marcha.
Flor Currás