Bo fin de semana para o noso atletismo nos campionatos nacionais disputados
nestes días. Os atletas galegos están a demostrar un bo nivel de forma, así a atleta do Ourense Atletismo Academia Postal , Paula Mayobre González logrou o titulo no transcurso do Campionato de
España de 10.000 metros celebrado en Gijón o pasado sábado.
Paula non tivo oposición e desde os primeiros metros encabezou a proba ata o final que parou o crono cunha marca de 36.32.52, entrando a segunda clasificada a 28 segundos da vencedora.
Na proba junior tambien houbo presenza galega e Damian Gonzalez do Ourense Atletismo Academia Postal lograba a 13º praza en meta, aínda que a súa clasificacion foi 11ª. faxendo un crono de
33.29.03.
Tamén tomou parte na competición Brais Freire do Lucus que se retirou debido a unhas molestias. Resultados
Memorial Silvia Mazón
Conxuntamente co Campionato de España de 10000 disputouse o Memorial Silvia Mazón donde tomou parte do mesmo Leticia Fernández na proba de 1500 logrando un
tempo de 4.31.83 logrando o seu mellor marca persoal. Tamén houbo presenza galga na proba de 3000 Obs e a atleta do Ria Ferrol, Raquel Suarez fixo un tempo de 10.48.35 logrando rebaixar o seu
mellor marca da tempada. Resultados