Hassan Leikili e Marta Fernández impóñense no Campionato Galego de 5 kilómetros en ruta

En Maceda celebrouse este domingo o Campionato Galego de 5 kilómetros en ruta. O evento estivo dominado polo atleta do Ourense Atletismo Academia Postal, Hassan Leikili que cruzou a meta en primeiro lugar cun rexistro de 15´19´´, seguido de Álvaro de la Fuente (fóra de concurso), Iván Docampo (SGPO), sendo o campión galego, José Manuel Fernández (ADAS), subcampión, e Alejandro Cid (OAAP)medalla de bronce. Na clasificación feminina, victoria para Marta Fernández (18´05´´) do Comesaña Sporting Club, en segunda posición entrou María Soledad Castro Soliño (CSC) e en terceira posición Silvia Teijeiro (OAAP). En xeral boa organización e boa participación neste xoven campionato. Felicitar públicamente ao Concello de Maceda pola súa axuda prestada para a celebración deste importante evento. Resultados

Compartir: