O Concello de Carballo celebrará o domingo día 19 a súa I Carreira Popular. O concello que xa ten experiencia na organización de eventos atléticos, lembremos que foi sede fai un par de anos do Campionato Galego de campo a través, espera acoller a perto de 500 atletas nesta primeira edición. Por outra parte Vigo, acollerá un ano mais o Trofeo El Corte Inglés coincidindo co día da muller.