Nas pitas de atletismo de Vigo celébrase o campionato galego das categorias
junior e promesa en pista. A competición dará comezo ás 10.45 horas do sábado dia 18.
A falta do absoluto o campionato do proximo sábado será decisorio para formar parte da Selección Galega que tomará parte no Campionato de España de Autonomias de 1ª categoria a celebrar en Zaragoza
os dias 25 e 26 en Zaragoza.
A priori as probas de Xavelina será as de maior nivel, e prevese un interesante duelo a cargo de Manuel Uriz con 72,00 metros e Borja Barbeito con 65,14.
Uriz despois dunha marca de 72,00 metros lograda en Lugo no encontro dos Xogos do Cantabrico, tentará bater o record de España de 72,92 de Antonio Esteban posuidor desde o ano 1996.
Na mesma proba Lida Parada tentará mellorar o seu mellor marca de 46,70 metros, e volver demostrar que esta en condicións de logralo
CAMBIOS
Unha vez revisadas as inscricións pasan a celebrarse finais directas nos 100, e 200 promesas homes,
En mulleres non se celebrasen semifinais en 100 , 200 e 100 valos junior e promesa e 400 metros lisos e 400 valos celebrásense conxuntamente as dúas categorias .
As finais celebraranse ás horas programas para as Finais. Circular Horario
Atletas inscritos