Este venres no Centro de Lanzamentos de Vilanova de Cerveira, en Portugal, celébrase un encontro de Lanzamentos por equipos. Os atletas pertencentes ao Núcleo de Lanzadores de Pontevedra, que dirixe Javier López Viñas, representarán a Pontevedra. O equipo confórmano oito atletas de Infantil a Júnior, puntuando as marcas por táboa Internacional.
Unha competición informal pero que goza dun excelente nivel
O grupo dirixido por Javier, foi convidado os especialistas de Portugal como representante dunha Selección de Pontevedra, que se enfrontará a outros equipos de Viana do Castelo, Braga, Maia, Povoa do Varzim, Aveiro, Coimbra, Leiria, Vidigal, Setúbal, Lovelhe, Lisboa e Vigo.Todos estes equipos son representativos de centros especialistas en lanzamentos, asi é que o de Javier, non só ten a responsabilidade de representar a Pontevedra, senón que ve recoñecido o seu traballo como especialista e avalado polo resultado obtidos nestes poucos anos nos que está a traballar só con lanzadores.Esta é a segunda experiencia de competición como equipo para os lanzadores de Javier, aínda que este ano cambiou a regulamentación, esperan facer un bo papel.
Baixas no equipo de lanzadores de Pontevedra
Como contratempo algúns dos atletas pontevedreses teñen compromisos ca Selección Galega e coa selectividade, o que afecta ostensiblemente as posibilidades de podio.
Aínda así, espéranse moi boas marcas e máis mínimas para os Nacionais que comezan este mes de xuño.