Hasan Leikili e Patricia Mendes vencedores do Memorial Manuel Barros

O atleta do Ourense Atletismo Academia Postal, Hassan Leikili impúxose no Memorial Manuel Barros disputado este domingo pasado na localidade de Gondomar. O atleta estivo acompañado no podium por Rui Teixeira e Pedro Nimo. Na categoría feminina impúxose a atleta do Comesaña Sporting Club, Patricia Mendes, escoltada polas súas compañeiras de equipo a veterana Soledad Castro e Marta Fernández. A proba organizada polo Club Atletismo Val Miñor contou cunha boa organización e coa participación de mais de 600 atletas. Emitirase neste fin de semana un resumo no programa de televisión Citius, Altius, Fortius. Resultados

Compartir: